Martes. 30.04.2024
El tiempo

O BNG e a ANPA levan ao Parlamento a reforma integral do CEIP Bairré de la Maza

BNG e ANPA Xallas do CEIP Barrie de la Maza no Parlamento
O BNG e a ANPA levan ao Parlamento a reforma integral do CEIP Bairré de la Maza

Ademais das 2132 sinaturas presentadas pola ANPA, a comunidade educativa segue pelexando pola máis que necesaria reforma integral do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba . Este mércores 17 de abril estiveron co responsable do BNG xalleiro, Juan Sixto, e a deputada nacionaista Iria Carreira, para confimar que o grupo do BNG presentará no Parlamento unha iniciativa encamiñada a esixir á Xunta e devandita reforma  dun centro que cumple 50 anos e que está aqueixado de graves deficiencias na súa infraestrutura e servizos.

"As persoas representantes da ANPA trasladáronos na xuntanza a gravísima situación na que se atopan as instalacións do CEIP Barrié e la Maza, con deficiencias que supoñen un risco para a saúde e seguridade de toda a comunidade educativa", sinala a deputada nacionalista, Iria Carreira, despois da xuntanza no Parlamento.
 

"A situación é xa extrema e urxe unha reforma integral do centro porque xa non soporta ningún mínimo control de calidade nin de seguridade para a comunidade educativa. Esiximos á Xunta que actúe de maneira inmediata e ofreza solucións sólidas e non parcheos a un centro do que xa nos chegaron suficientes avisos como para estar alerta e poñerse mans á obra para que non teñamos máis noticias desta desfeita", sinalou Iria Carreira.

Na xuntanza coa ANPA do CEIP Barrié de la Maza participou tamén o responsábel local do BNG, Juan David Sixto, que destacou o compromiso do grupo parlamentario, a través da deputada Iria Carreira, "que vai esixir á Xunta que invista o necesario para solucionar o gravísimo deterioro deste centro de ensino de Santa Comba, un concello que precisa servizos públicos de calidade para os veciños e veciñas".

Máis novas

Comentarios