Xoves. 02.05.2024
El tiempo

As obras da senda peonil do Couto realizaranse entre maio e agosto

O Couto-Ponteceso 50
As obras da senda peonil do Couto realizaranse entre maio e agosto

Arrincarán, por fin (a cousa vén de 2019...), as obras da senda peonil no Couto, Ponteceso, na segunda quincena do mes de maio. Terán un prazo de 3 meses, polo que estarán en pleno desenvolvendo coincidindo cuha época de gran actividade da Fundación Eduardo Pondal, como é a Escoliña de Verán.

Con todo, é unha obra máis que necesaria, que permitira habiliar máis de 600 metros de senda peonil, e reducir a 40km/h a velocidade máxima permitida nese treito da estrada AC-424.

Así o anuncia a Xunta, que vén de adxudicar á  empresa Construcciones Cernadas S.L., por preto de 330.000 euros

A nova senda terá máis de 600 metros de lonxitude: concretamente, pola marxe dereita executaranse arredor de 400 metros, desde o quilómetro 1+100 ata o 1+506. Neste caso, tras a información pública, decidiuse ampliar o itinerario ata o acceso á última vivenda situada na glorieta de Balarés. Pola marxe esquerda, a senda acadará os preto de 240 metros, desde o quilómetro 1+140 ao 1+378, dando continuidade ao itinerario actual.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios