Luns. 20.05.2024
El tiempo

As muradás de Quenchedera dan o salto do Entroido ao teatro

Quenchederateatro
As muradás de Quenchedera dan o salto do Entroido ao teatro

Un grupo de amigas muradás levan ao escenario a súa primeira obra de teatro, escrita e dirixida por elas mesmas. Forman o grupo Quenchedera, xa coñecidas na zona polas súas caracterizacións no Entroido, conseguindo gañar varios premios ó mellor disfraz en grupo en diferentes concellos. Agora lánzanse ao teatro coa obra "Perdón que che chapuse", que vén a recoller unha marea experiencias vividas e esforzos compartidos en tardes de ensaio na Sala Nasmo

A representación terá lugar o próximo 18 de maio ás 20:30 h no Auditorio da Casa da Cultura de Muros.

Dende ben pequenas estas mulleres comparten afición polo teatro. Nos anos oitenta formaron parte do desaparecido grupo "Caracusta Productions" do Instituto Fontexería de Muros. Cursaron estudos de expresión teatral en varias escolas de arte dramático de Santiago de Compostela e, ata fai pouco pertenceron ao grupo "Aquelando Teatro" do Concello de Muros.

Comentarios