Luns. 20.05.2024
El tiempo

A malpicá Maite Rojo segue batendo marcas no Ultrafondo estatal

Maite Rojo
A malpicá Maite Rojo segue batendo marcas no Ultrafondo estatal

Espectacular o que consegue esta deportista e mariña Maite Rojo. A malpicá volveu facer historia, e aos seus 50 anos acadou a terceira mellor marca española da historia correndo 24 horas seguidos: 222 km conseguiu percorrer a deportista malpicá nun día enteiro no ultrafondo de Barcelona.

A mellor marca absoluta é a de María Pérez con 240 kilómetros. Queda moi preto da segunda marca estatal, marcada por Cristina García en 2012, cando tila 28 anos, con 226,5 Km, en Katowice (Polonia).

Está en forma Maite, como o demostran as súas marcas moutras dúas esixentes carreiras neste mesmo ano, a UltraArdeche en maio (220 Km cun desnivel de  + 4000), onde quedou de 8ª na xeral, 4ª absoluta feminina e 1ª veterana, e O Camiño dos Faros (200 Km cun desnivel acumulado de + 5549) en agosto.

Máis novas

Maite Rojo completa o desafío do Ultra Trail Camiño dos Faros cunha demostración de afouteza

Comentarios