Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Caen cascotes da fachada dun edificio da rúa Ventorrillo de Malpica

CONSORCIO - DESPRENDEMENTO MALPICA (1)
Caen cascotes da fachada dun edificio da rúa Ventorrillo de Malpica

Esta pasada tarde de mércores, arredor das 19:00h, alertaban ao 112 do desprendemento da fachada dun quinto piso sobre a terraza dun primeiro andar na rúa Ventorrillo, no casco urbano do concello de Malpica .

O material desprendido correspóndese ao revestimento dunha fachada de placas de lousa, que por mor do vento caeron sobre as terrazas de dous pisos do primeiro andar sen ocasionar danos persoais.

CONSORCIO - DESPRENDEMENTO MALPICA

Os bombeiros desprazados realizaron traballos preventivos para evitar que se seguisen desprendendo lousas desde o piso superior e retiraron os materiais caídos sobre as terrazas. A actuación rematou coa balización da zona de escaleiras que van dende o edificio afectada na rúa Ventorrillo ata a parte traseira do mesmo edificio, prohibindo o paso pola mesma.

Completou o operativo a Garda Civil e Protección Civil de Malpica.

Comentarios