Luns. 20.05.2024
El tiempo

Critican a deixadez municipal do Concello de Laxe ante a problemática dos animais abandonados

fotocadelas_abandonadas
Cedelas abandonadas por Laxe
Critican a deixadez municipal do Concello de Laxe ante a problemática dos animais abandonados

O grupo municipal do BNG, faise eco da protestas veciñais, neste caso do núcleo rural de Coens, onde levan meses denunciando a aparición de dúas cadelas na súa contorna. Foron os propios veciños e veciñas quen se encargaron da súa desparasitación e temen que agora coa chegada do celo a poboación de animais aumente, xerando ainda máis problemas na seguridade vial, coa posibilidade de provocar accidentes, a inseguridad de pasear por camiños ou mesmo, da salubridade e aparicións de máis parásitos ou outras enfermidades contaxiosas para os animais domésticos da veciñanza.

Despois de que o grupo Municipal do BNG de Laxe presentara no anterior pleno ordinario unha moción para que o concello asinara un convenio con XEA (Xestión Ética do Abandono Animal) o goberno municipal, votou retirala do debate pois ao día seguinte tiña concertada
unha entrevista con outra entidade para tratar o tema da recollida de animais abandonados.
A día de hoxe a situación segue sen resolverse, polo que dende o grupo municipal do BNG solicitan ao grupo de goberno que cumpra coas
demandas da veciñanza e que cumpra coas funcións que lle encomenda a nova Lei de Benestar Animal que non son outras que a obriga de xestionar de xeito inmediato e ético o abandono de animais nas súas rúas e núcleos poblacionais.
 

Comentarios