Luns. 20.05.2024
El tiempo

Kuka Sar renuncia á súa acta de concelleiro

Kuka SAR CANDIDATO BNG FISTERRA
Kuka Sar renuncia á súa acta de concelleiro

Despois de 10 anos na primeira liña política, de absoluta implicación, o voceiro do BNG de Fisterra, Kuka Sar, vén de presentar a súa renuncia como concelleiro."Deixa a primeira liña da política local, é unha decisión estritamente persoal e consensuada coa organización”, explica e recoñecendo que tamén influíu os últimos resultados municipais. 

Sar valora que nunca tivo na mente estar no mundo da política tanto tempo, chegando a ser durante 8 anos teniente alcalde do Concello. Agora, antes de saír, quixo participar nas negociacións para poñer os cimentos dun acordo de goberno progresista no concello fisterrán. 

Sar agradece a paciencia da súa familia, así como a tod@s as compañeiras que pasaron polo grupo municipal. Pero deixa claro que “deixa a primeira liña da política local, pero non deixo a política, polo que seguirei traballando por Fisterra e polo pobo galego e sobre todo polas clases populares dentro da miña organización e como non, nas rúas”. De feito, vai seguir como responsable da Asemblea Local, así como no Consello Comarcal e no Consello Nacional.
A súa experiencia na política local, e no mundo do mar, pode ser un gran valor para o Bloque Nacionalista Galego a todos os niveis.

"Viki Rivadulla díxome un día despois das eleccións, cando estaba regular, que podía facer o quixera, que me coñecía e que tendo mans e corazón, sempre tería onde defender o país. Teño mans, corazón, e forza, para seguir defendendo a Fisterra sexa onde sexa", cóntanos coa ambición intacta.

De seguro que a xente da prensa imos botar de menos a súa diposición para falar sen cancelas en calquera tipo de circunstancia, pero a que realmente vai botar de menos a Kuka é a veciñanza de Fisterra, que sabía que sempre tiña o teléfono operativo para atender a calquera demanda, malia non ratificar con votos esa implicación.

Kuka Sar ao carón de Ana Miranda 
Kuka Sar presentando a lista do BNG Fisterra 2023
Kuka Sar presentando a lista do BNG Fisterra 2023
Kuka Sar BNG Fisterra 2019
Kuka en 2019
Kuka en 2015

Comentarios