Luns. 20.05.2024
El tiempo

Comeza unha nova e emocionante Liga Unificada Xuvenil co Corme como inimigo público

Comeza unha nova e emocionante Liga Unificada Xuvenil co Corme como inimigo público
O Corme xuvenil nun choque do curso pasado

En marcha unha nova temporada da Liga Xuvenil Unificada. 18 equipos competirán para ver quen colle o relevo dese Corme que o ano pasado encandilou cun espectacular doblete. Un Corme que segue sendo un dos grandes favoritos pois foron apenas 3 os xogadores que pasaron de categoría. En fronte terá unha recua de aspirantes.

Son moitos os adestradores que seguen nos bancos dos clubs, e apenas son 7 os novos inquilinos.

Este ano seguiremos facendo o seguemento da Liga, coas crónicas a golpe de martes en QPC, e en www.futboldacosta.com temos os mércores os horarios actualizados, e os sábados, nada máis rematar os partidos, e da man dos propios protagonistas, os resultados antes que ninguén.

Estes son os adestradores deste curso:

C.D. BaioBrais Cancela
Cabana S.D.Fernando e Pablo
Camariñas F.C.Faus
Corme C.F.Lelo
E.D. Os MiúdosManu Camello
Outes C.F.Fernandito
Ponteceso S.D.Brais
S.D. CoristancoAndrés
S.D. EsteiranaJosiño Alves
S.D. Fisterra Pablo Lestón
S.D. LaxeDani Argüelles
S.D. SofánNando
S.D.San LorenzoJuni
Soneira S.D.Pichón
Sp. ZasCorredoira
U.C. CeeUri
Xallas F.C.Mario
 

As táboas sempre actualizadas en www.futboldacosta.com

Comentarios