Luns. 20.05.2024
El tiempo

Inditex quere incluir o encaixe nas súas prendas de alta gama

Inditex quere incluir o encaixe nas súas prendas de alta gama
Continúa medrando o proceso de recuperación electrónica do Encaixe de Camariñas. E se xa está metido de cheo na moda internacional, o seguinte pode ser un paso espectacular para a súa promoción. I é que formar parte da familia Inditex pode ser o mellor escaparate a nivel internacional para o Encaixe e a súa Mostra. O alcalde de Camariñas mantiña este pasado mércores 22 de decembro a primeira reunión de 2 horas coa empresa máis importante do mundo en materia de confección, que non é outra que Inditex. O alcade amósase moi satisfeito trala xuntanza e agarda que á volta do Nadal empresa e concello retomen o contacto para desenvolver toda a potencialidade do encaixe.

Produto de alta gama

A empresa Inditex manifestou o seu interese na aplicación do encaixe nunha serie de produtos de moda de alta gama, nada menos. I é que encaixe está de moda e a Costa da Morte ten que aproveitalo economicamente. Como sigamos así, teremos que poñer a palillar día e noite ás máis de 500 palilleiras que participan nas Xuntanzas anuais...

Novas relacionadas

Fonte

  • Radio Nordés - Cadena Ser.

Comentarios