Luns. 20.05.2024
El tiempo

Os Ornitólogos piden unha verdadeira política de conservación da natureza e critican as minas

Os Ornitólogos piden unha verdadeira política de conservación da natureza e critican as minas
Ornitólogos no Congreso de Cabana

Xa disfrutamos das mellores imaxes do III Congreso Galego de Ornitoloxía celebrado en cabana de Bergantiños. Pero hoxe é tempo de análise, e de análise crítico, por parte da organizadora Sociedade Galega de Ornitoloxía.

Os máis de 60 especialista, chegados dende toda Galicia, coinciden en destacar a "inexistencia dunha política real de conservación da natureza en Galicia: a rede de ZEPAs é insuficiente, o estado de conservación e a resposta ás ameazas que sufren as Áreas de Interese para as Aves (IBAs) é menor que no resto do estado, os instrumentos de protección ou son inexistentes, pese a ser legalmente obrigatorios, ou non son aplicados".

Aseguran que "é especialmente destacable a ausencia dunha avaliación global de plans e programas e dunha planificación do territorio que teña en conta parámetros ambientais, con especial relevancia na actualidade no caso dos desenvolvementos mineiros planeados na Comunidade", facendo clara referencia, aínda que sen nomeala, ao proxecto da mina de ouro de Corcoesto.

E denuncian que "esta ausencia dunha política de conservación vai mais aló da falta de recursos pola actual crise económica, sendo máis ben unha cuestión de vontade política de sucesivos gobernos onde as cuestións ambientais non se consideraron, nin se consideran, unha prioridade".

Como apuntamentos positivos, queren destacar que o Congreso servíu para a realización dun taller no que se iniciou o proceso para a definición dunha rede de espazos de interese para as aves de Galicia, por parte da SGO coa colaboración de SEO/Birdlife. Entre eles, valoraron 8 zonas de gran interese avícola na Costa da Morte. Ademais das xa coñecidas Lagoa de Traba e a Lagoa das Xargas de Louro, destacaron a zona do Cabo Vilán, o Roncudo, as Illas Sisargas, o Cabo Fisterra, a ría de Lires e, por susposto, o propio Esteiro do Anllóns.
demais, presentáronse un bo número de comunicacións que contribúen a aumentar o coñecemento sobre o estado das poboacións das aves galegas, ademais de incidir nas ameazas que soportan e na importancia da participación social para a súa conservación.
Tamén consideran que "o Turismo Ornitolóxico debe ser considerado unha ferramenta útil e necesaria para a posta en valor e conservación das nosas aves, ademais de constituír un recurso económico sostible".

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios