InicioCULTURAA Deputación celebrou o 8M homenaxeando ás "Matriarcas"

A Deputación celebrou o 8M homenaxeando ás “Matriarcas”

Publicada o

Por editor

Vestiuse de gala o vestíbulo da Deputación da Coruña para a conmemoración do Día da Muller, nun acto institucional no que participaron o presidente, Valentín González Formoso; a deputada de igualdade, Soledad Agra e a artista Guadi Galego, que coa súa canción “Matriarcas” puxo voz á historia das “conquistadoras, aleitadoras, brilantes activistas da vida cotiá” que protagonizan a campaña institucional da Deputación.

`Mulleres do pasado, semente de futuro´, é unha homenaxe “ás nosas antecesoras, para visibilizar os seus logros e a as súas dificultades”, apuntou Soledad Agra. “Conseguiron dereitos dos que podemos desfrutar hoxe: o divorcio, o dereito sexual e reprodutivo, o dereito a facer os estudos que queiramos ou a traballar no que nos guste, a poder viaxar ou vivir sen tutela masculina, e tantos outros, que lle costaron moitas protestas, folgas, até a morte, ás nosas bisavoas, avoas e nais” engadiu.

A deputada Soledad Agra polo 8M
A deputada Soledad Agra polo 8M

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que o 8M é “unha xornada de reivindicación, coa que facemos máis visible unha loita que debe ser diaria” e subliñou que as mulleres seguen tendo hoxe salarios un 20% máis baixos, maiores taxas de desemprego e temporalidade e pensións máis baixas, ademais de enfrontar no día a día os desafíos da conciliación ou a atención a menores e dependentes.

Programación 8M

Este acto insitucional forma parte da programación da Deputación para a conmemoración do 8M, que se desenvolverá durante todo o mes. Levarase a cabo unha dinámica interxeracional mediante a que o alumnado de diferentes centros educativos da provicia entrevista as súas avoas, nunha actividade que lles brindará a oportunidade de interactuar aprendendo das súas historias, experiencias e sabedoría. Esta dinámica culminará o día 21 nun encontro no IES Rosalía Mera con algunhas das avoas entrevistadas. Ademais, difundirase material informativo entre os centros educativos da provincia, cunha cronoloxía sobre fitos históricos acadados grazas á loita das mulleres.

Declaración institucional

8M na Deputacion da Coruna

Ademais, o Pleno da Deputación do pasado venres comezou coa lectura da “Declaración institucional do Día Internacional do 8 de marzo”, acordada por todos os grupos políticos da corporación, que se leu tamén esta mañá por parte de deputadas dos diferentes partidos políticos de toda a corporación: Avia Veira, do BNG; Mar García, do PSdG, e Izaskun García, do PP.

ÚLTIMAS

Homenaxe do PPdeG a Luísa Villalta coa presenza da nai, a irmá e un sobriño

O PPdeG celebrou este sábado un acto na Coruña polas Letras Galegas no que reivindicou...

Sabías que Pablo Picasso se estreou como retratista na Coruña?

Pablo Ruiz Picasso era un neno de 9 anos cando chegou á Coruña, aló...

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here