InicioCULTURADe Ninghures e Fillas de Cassandra trouxeron a festa dos medios en...

De Ninghures e Fillas de Cassandra trouxeron a festa dos medios en galego á Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Organizou a Asociación de Medios en Galego (AMEGA), en colaboración co Xornal da Coruña, este xoves, un dos eventos do programa de actividades polo #DíadosMediosenGalego, demostrando que esta cidade pode disfrutar ao máximo da música en galego.

Máis de medio millar de persoas encheron a Sala Inn para gozar do festival de música galega contemporánea da man de dúas bandas emerxentes pero que xa son unha realidade, como De Ninghures e Fillas de Cassandra.

A banda De Ninghures abriu o seu catálogo bergantiñán e case caribeño facendo vibrar ao público, e demostrando unha perfecta sintonía coas Fillas da Cassandra, que non dubidaron en subir ao escenario e compartir temas.

Fillas de Cassandra no Festival dos Medios en Galego
Fillas de Cassandra no Festival dos Medios en Galego

As MaríaSOA e Sara Faro, que gozaron do concerto dos seus compañeiros entre o público cunha naturalidade fantástica, e como unhas siareiras máis, volveron demostrar que son unha auténtica revolución musical. Xa demostraran no pasado Atlantic Pride na Praza de Pontevedra a súa potencia sobre o escenario, e este xoves fixeron tremer a sala co seu último disco, “Últimas Dionisíacas”, e tamén cos seus xa himnos “Varre Vasoira” ou “Lisístrata”.

Medios en Galego e Valentin Garcia SXPL con Fillas de Cassandra 1
O presidente da AMEGA Pablo García, o Secretario Xeral de Política Lingüistica Valentín García, e Ubaldo Cerqueiro da AMEGA e o Xornal coas Fillas de Cassandra

Este sábado, Roteiro sobre a memoria da prensa en galego

Este evento, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Deputación da Coruña, enmárcarse no programa de actividades do #DíadosMediosengalego, que o país celebra cada ano o 7 de febreiro co gallo da saída d’O Tío Marcos da Portela, unha publicación ourensá feita por Valentín Lamas Carbajal en 1876.

O programa remata este sábado 24 co roteiro pola historia da #prensaengalego na mesma cidade herculina.

A AMEGA descobre a historia dos medios en galego da cidade

Máis novas

As Fillas de Cassandra ou o destape da música tradicional galega

ÚLTIMAS

Homenaxe do PPdeG a Luísa Villalta coa presenza da nai, a irmá e un sobriño

O PPdeG celebrou este sábado un acto na Coruña polas Letras Galegas no que reivindicou...

Sabías que Pablo Picasso se estreou como retratista na Coruña?

Pablo Ruiz Picasso era un neno de 9 anos cando chegou á Coruña, aló...

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here