Luns. 20.05.2024
El tiempo

O BNG volveu secundar a concentración por Palestina en Carballo e Corcubión

concentracion palestina corcubion maio 2024 copia
Concentración en Corcubión
O BNG volveu secundar a concentración por Palestina en Carballo e Corcubión

Convocada polas entidade "Mar de Lumes", "BDS Boicot a Israel", "Galiza por Palestina" e "Asociación Galaico Árabe Jenín", este luns 6 de maio volveu haber concentracións a favor do pobo palestino en vilas de todo o país. Tamén na comrca, da man do BNG, que fixo parada en Corcubión e en Carballo.

No acto douse lectura a un comunicado denunciando que se cumpren 7 meses de masacres diarios das forzas sionistas de Israel contra a Faixa de Gaza, provocando a morte e destrución do pobo palestino, e deixando 34 mil persoas asasinadas, das cales 14 mil son crianzas. 

Denunciouse tamén a "vergoñenta posición" da comunidade internacional, que neste tempo foi incapaz de consensuar unha posición de forza contra o agresor sionista, ao que segue a vender armas.

Comentarios