Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Realizan a limpeza nun afluente do río Anllóns

240506 actuacion conservacion rio Grande
Realizan a limpeza nun afluente do río Anllóns

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar onte actuacións de conservación e mantemento no río Grande, nas zonas interurbanas, ao seu paso polos concellos coruñeses de Carballo e Coristanco.

As tarefas programadas desenvolveranse nun treito de preto de 5 quilómetros que transcorre entre as parroquias de San Xens de Entrecruces e Santa María de Rus, en Carballo, e San Salvador de Erbecedo, en Coristanco.
Os traballos consisten na retirada de árbores e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos así como en labores de roza selectiva de arbustos co fin de reducir a súa competencia coas especies arbóreas propias do bosque de ribeira.
As actuacións  prolongaranse durante aproximadamente tres semanas e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoras co apoio de tractores e un camión.
Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo de conca autonómico, este tramo do río Grande quedará completamente despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
 

240506 actuacion conservacion rio Grande 2

Comentarios