Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Torre do Castelo, a nova imaxe do Concello de Vimianzo

A Torre do Castelo, a nova imaxe do Concello de Vimianzo
A nova imaxe corporativa Concello de Vimianzo toma a Torre do Castelo como simbolo A nova imaxe corporativa Concello de Vimianzo toma a Torre do Castelo como simbolo

Poucas veces atopamos unha novidade semellante. Un Concello que faga unha completa remodelación da súa imaxe corporativa. Así o vén de anunciar esta tarde o Concello de Vimianzo, que muda ata o escudo heráldico, que a partir de agora se reserva para actos de grande relevancia protocolaria e institucional.

Deste xeito, para usos cotiáns o Concello utilizará unha composición que mostra a Torre da homenaxe do castelo soneirán.

O estudo da nova marca tivo como punto de partida o emblema do concello, o castelo de Vimianzo, que tamén preside o escudo heráldico utilizado até o momento. Nel existen, ademais, outros motivos dos que se prescindiron nesta nova marca co fin de simplificalo para adquirir maior sinxeleza e modernidade. Escolleuse, para o novo símbolo, realizar un esquema trazado cunha soa liña da torre máis senlleira da fortaleza soneirá: a torre de homenaxe.

Serve este detalle para lembrar a completa historia do Castelo de Vimianzo. A torre foi o centro do gobero da xurisdición de Vimianzo dende finais da Idade Media ata 1836. 100 anos máis tarde, estivo o Castelo a peques de converterse na Casa Consitorial trala expropiación levada a cabo polo goberno municipal en xuño de 1936.

A cor

A marca incorpora un novo elemento: a identidade cromática. A cor elixida é unha mistura entre verde e marrón. "Verde, cor de futuro, que inunda as paisaxes vimiancesas. Ao mesmo tempo, inclúese o marrón, cor do pasado e da historia". Máis concretamente é o Pantone 385C. Esta nova imaxe irase substituíndo progresivamente ao escudo heráldico utilizado ata o de agora.

Fonte

Comentarios