Luns. 20.05.2024
El tiempo

A Costa da Morte condea o atentado de Bruxelas a través das redes sociais

A Costa da Morte condea o atentado de Bruxelas a través das redes sociais
O concello de Fisterra publicaba onte esta imaxe no seu perfil de Facebook O concello de Fisterra publicaba onte esta imaxe no seu perfil de Facebook Numerosos cargos políticos, administracións públicas e persoas condearon onte, pricipalmete a través das redes sociais os atentados de Bruxelas nos que polo menos 34 persoas perderon a vida e máis de 200 - entre eles 4 españois - resultaron feridos. Ademais das numerosas mostras de solidariedade, algúns concellos da bisbarra anunciaron a través do seu perfil de Facebook que se sumarán á convocatoria da Femp de concentrarse ás 12 horas de hoxe diante das casas consistoriais. Así o manifestaron os concellos de Carballo, Ponteceso, Cee, Fisterra, Vimianzo e Laxe. No perfil de Facebook do concello de Carballo pode verse esta publicación acompañada dunha bandeira belga cun crespón negro: "A nosa solidariedade co pobo belga e a nosa mais enérxica condena ao terrorismo. Convidamos a todos veciños e veciñas mañá mércores ás 12.00h. a unha concentración silenciosa de repulsa diante da Casa do Concello".  

Comentarios