Xoves. 18.04.2024
El tiempo

De maiores e centenarias en Mazaricos e Vimianzo

De maiores e centenarias en Mazaricos e Vimianzo
Festa dos Maiores de Mazaricos 2017 2 Escena da Festa dos Maiores de Mazaricos

Ponte de maiores pola bisbarra. Mentres preto de mil maiores celebraban o seu día no Concello de Mazaricos, por Vimianzo, o alcalde, Manuel Antelo, e a concelleira de Benestar María José Ramos, visitaba a Lucía Trigo, que hoxe cumpría 100 anos. Lucía foi represaliada e encarcelada durante o Franquismo pola súa defensa da democracia e da xustiza social.

Dúas citas, como recoñecía o alcalde mazaricán Juan José Blanco Riveiro, “moi importantes porque é un recoñecemento ás persoas maiores da comunidade, que tanta sabedoría aportan”.

Lucia Trigo represaliada no Franquismo cumple 100 anos en Vimianz Lucía Trigo, represaliada no Franquismo, cumple 100 anos en Vimianzo  

1.000 maiores coa MZ

Festa dos Maiores de Mazaricos 2017 1 Festa dos Maiores de Mazaricos

Mabientazo no polideportivo da Picota co Xantar das Persoas Maiores. O menú estivo composto por empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro e postre. Ao remate do xantar os asistentes bailaron a ritmo de orquestra e tamén de música tradicional. O alcalde, Juan José Blanco Riveiro afirmou que “este tipo de celebracións son importantes porque é un recoñecemento ás persoas maiores da comunidade, que tanta sabedoría aportan”. Festa dos Maiores de Mazaricos 2017

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios