Luns. 20.05.2024
El tiempo

2 das 5 peñas deportivistas máis antigas son de Bergantiños

2 das 5 peñas deportivistas máis antigas son de Bergantiños
A Pena Deportivista Buno un ano antes da Fundacion coas Hormigoneras

Comezando estamos a temporada na 1ª División xa co noso Deportivo no lugar que lle corresponde. E coma sempre, con ansia de seguir espallando o sentimento branquiazul por unha Costa da Morte “infectada” polos virus merengue e blaugrana (que nos perdoen os madridistas e culés, só é unha licencia metafórica), botamos unha ollada ao pasado deportivista da comarca de Bergantiños.

I é que se na Costa da Morte temos 20 peñas deportivistas (as últimas as de Verdillo e Castriz), 2 das 5 peñas deportivistas máis antigas son da comarca bergantiñá. Cómpre apuntar que esto das peñas xa comezaba aló polo 1952, cando en Vilalba armaron a pena decana do cadro herculino. A primeira peña coruñesa é a da “La Estrella”, aberta no 1983 no mítico Bar A Casiña da rúa Mantelería, seguida doutra das zonas máis entregadas da vila, Monte Alto coa Peña O Tizón, de 1984.

Foi o ano 1992, co Dépor de volta á 1ª División tras 18 anos de deserto pola 2ª, 2ªB e case que 3ª, cando Bergantiños espertou e nese ano naceron a Peña Deportivista “Carballo”, no Restaurante “A de Paco”, cando polo Restaurante “A Cunca” abrían a Peña Deportivista “Buño”.

Peña Deportivista Carballo

Inauguracion da Pena Deportivista Carballo na de Paco

No 1992, O Bar A de Paco convertíase no feudo do deportivismo, creando a peña que hoxe preside Ramón Souto. Unha peña que aquel curso do SuperDépor non perdeu partido en Riazor disfrutando daqueles Bebeto, Mauro Silva, Fran e compañía.

Carballo xa foi o feudo do Congreso Internacional de Peñas o ano pasado. E atentos, se pasades pola Rúa Coruña, un dos centros de ocio e picoteo da capital carballesa, parade no A de Paco, pois é un verdadeiro museo tanto do Deportivo como do Bergantiños, con fermosas imaxes da historia branquiazul, e centos de fichas dos equipos carballeses.

Peña Deportivista Buño

José Ramón e Djukic na inauguración da Peña Deportivista Buño A Mikaela ca Pena Deportivista Buno en Riazor

Xa no ano 91 Buño enteiro estaba en Riazor para disfrutar do ascenso. E un ano despois, José Ramón e Djukic acodían ao Restaurante A Cunca para inaugurar a Peña Deportivista de Buño. Unha peña presidida pola brana Carolina Martínez Rega, que colleu o relevo familiar á fronte da empresa Horbesa, grandes culpables dun dos meirandes iconos do Deportivismo, as “Hormigoneras do ascenso”, que aínda o ano pasado invadiron A Coruña.

Imaxes como as Homigoneras ou como a Mikaela en Riazor demostran que o Deportivo ten moito que agradecerlle á Costa da Morte.


Máis peñas na comarca

E non son estas as únicas peñas branquiazuis da comarca bergantiñá. Do ano 96 xa é a Peña Deportivista A Torcida da Cabaña, do 2010 é a carballesa "Cafetería El Juzgado 19.500"; do 2012 a do "Bar Pérez de Laxe"; do 2013 a "Peña de Castriz" e a última en estrearse foi a de Verdillo.


Hormigoneras de Horbesa invadindo a Coruna

Novas relacionadas

Máis novas branquiazuis

Fonte

Comentarios